PEROVSKIÑAS | MG-4008

PEROVSKIÑAS

MG-4008
Cerámicos

Familia de materiais híbridos orgánico-inorgánicos pertencentes á clase de polímeros de coordinación con estrutura tipo perovskita. Son materiais con propiedades barocalóricas que presentan grandes cambios térmicos baixo a aplicación de presións moderadas, o que os fai atractivos para tecnoloxías de refrixeración e/ou calefacción. En comparación cos refrixerantes empregados hoxe en día, a maioría gases de efecto invernadoiro, tóxicos e/ou inflamables, estes refrixerantes sólidos eliminan as emisións directas de carbono e son máis seguros de transportar, recuperar e reutilizar.



Características

Ano de lanzamento
2017

Estado
En fase de desenvolvemento

Innovación
É unha familia de materiais relativamente brandos e flexibles que, aínda sendo sólidos, son moi sensibles á presión, a cal induce grandes cambios térmicos neles. Polo tanto, estes materiais son atractivos para o desenvolvemento de tecnoloxías de refrixeración baseadas en refrixerantes sólidos que substitúan aos actuais refrixerantes, a maioría gases de efecto invernadoiro, inflamables e/ou tóxicos.

Composición
Composición híbrida orgánica-inorgánica con estrutura tipo perovskita ABX3, onde A son catións orgánicos alquilamonio, B son metais de transición e X son ligando polimatómicos ponte que poden ser de natureza orgánica ou inorgánica. O primeiro exemplo destes materiais está formado por catións tetrapropilamonio ( TPrA = [( CH3 CH2 CH2)4 N]+), catións Mn+2 e anións dicianamiduro (dca = [ N( CN)2]-). Fórmula: [( CH3 CH2 CH2)4 N] Mn[ N( CN)2]3 ou [ TPrA] Mn[ dca]3

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
A estrutura e composición do material caracterizouse mediante difracción de raios X, técnicas espectroscópicas e análise elemental. A estabilidade térmica, mecánica e química estudouse en diferentes condicións mediante estudos de análises termogravimétrico, ciclabilidade, solubilidade e degradación en condicións ambientais. Ademais, estudáronse as propiedades calóricas e cambios térmicos inducidos no material mediante calorimetría diferencial de varrido en condicións isobáricas e isotérmicas.

Propiedades
Resistencia ao lume: Non aplica
Resistencia á auga: Non aplica
Acústica: Non aplica
Óptica: Non aplica
Resistencia química: Media
Dureza: Baixa
Tenacidade: Non aplica
Elasticidade: Baixa
Resistencia á fatiga: Media
Conductividade térmica: Baixa
Resistencia a tracción: Non aplica
Resistencia ao raiado: Non aplica
Resistencia UV: Non aplica
Resistencia ao impacto: Non aplica
Resistencia ao resgado: Non aplica

Outras propiedades destacadas
Comportamento barocalórico.
Resistencia química: Estable en condicións ambientais (HR = 60%) durante períodos de ata varios anos. Xeralmente soluble en disolventes polares (auga) e pouco soluble en disolventes apolares (aceites). Térmicamente estable ata temperaturas de 250ºC.
Dureza: 2 - 11 GPa
Elasticidade: Módulo elástico 8-40 GPa.
Resistencia á fatiga: Mantén a composición e estrutura despois de polo menos 50 ciclos de presión a 500 bar.
Conductividade térmica: 0.2 - 1.3 W m-1 K-1

Uso

Aplicacións
Dispositivos de refrixeración (en estado sólido) respectuosos co medio ambiente, en substitución dos actuais dispositivos de refrixeración, que fan uso de gases de efecto invernadoiro, inflamables e/ou tóxicos.

Variacións
Po policristalino e/ou monocristais.

Opcións de pesonalización
Pódese modificar a composición química do material. Por exemplo, pódense cambiar os catións manganeso por outros metais de transición (ferro, cobalto, níquel, etc.).

Dimensións
Escala de laboratorio (10 gramos). A súa fabricación a maior escala atópase baixo estudo.

Fabricación
Cristalización a partir de disolucións acuosas dos compoñentes en cantidades estequiométricas.

Procesado
Información non dispoñible

Outras formas de procesado
Información non dispoñible

ENTIDADE DE CONTACTO

Universidade da Coruña

Rúa da maestranza, 1, 15001 A Coruña

981718168

https://cica.udc.gal/es/grupo/quimica-molecular-y-de-materiales


María Antonia Señarís Rodríguez

Catedrática de Química Inorgánica

881012013

m.senaris.rodriguez@udc.es

Manuel Sánchez Andújar, Juan Manuel Bermúdez García

Profesor titular de Universidad e Investigador Postdoctoral, respectivamente

881015585

m.andujar@udc.es; j.bermudez@udc.es

×