Warning: session_start(): open(/tmp/sess_1916d668b872f9ba81e23a3c4ac73ddf, O_RDWR) failed: No space left on device (28) in /DATA/www/html/www_materiot/web/bd/application/Session.php on line 17

Warning: session_start(): Failed to read session data: files (path: ) in /DATA/www/html/www_materiot/web/bd/application/Session.php on line 17
ETERNAL CARBON | Materioteca de Galicia
ETERNAL CARBON | MG-2003

ETERNAL CARBON

MG-2003
Baseados en carbono

Composite de alto rendemento con acabado estético integrado. Constituído por prepreg de fibra de carbono, formado por hebras de fibra de carbono seleccionado segundo a aplicación coa súa matrix de resina.

O proceso tecnolóxico desenvolvido para o procesado deste material consegue un produto de prestacións mecánicas máximas. Tanto no exterior da peza como no interior conseguindo a mellor prestación. Grazas a este proceso tamén se reduce a necesidade enerxética do proceso ademais de poder usar enerxías limpas para o mesmo.

O acabado final está integrado dentro do propio proceso, polo que non hai necesidade de empregar produtos contaminantes como vernices ou pinturas. Isto conséguese grazas ao proceso/materiais que se desenvolveron e testaron. Para a protección do material a rascazos está dispoñible un proceso que permite ter a máxima dureza nunha superficie destas propiedades.

O campo de aplicación do material é moi amplo destacando a industria da mobilidade, o sector aeronáutico e os produtos deportivos de alta gama. De momento xa se aplicou a 11 produtos que están no mercado presentando unha gran acollida polas melloras obtidas respecto a métodos máis caros e menos fiables.



Características

Ano de lanzamento
2021

Estado
Comercialmente dispoñible en grandes cantidades

Innovación
Proceso utilizado xunto cos materiais para obter un composite fiable e de altas prestacións a un custo contido.

Composición
Prepreg de fibra de carbono con matrix de resina Epoxy.

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Probas mecánicas e probas UV.

Propiedades
Resistencia ao lume: Media
Resistencia á auga: Alta
Acústica: Difusor
Óptica: Opaco
Resistencia química: Media
Dureza: Alta
Tenacidade: Alta
Elasticidade: Media
Resistencia á fatiga: Alta
Conductividade térmica: Alta
Resistencia a tracción: Alta
Resistencia ao raiado: Alta
Resistencia UV: Alta
Resistencia ao impacto: Alta
Resistencia ao resgado: Alta

Outras propiedades destacadas
Información non dispoñible

Uso

Aplicacións
Tecnoloxía dispoñible para os produtos que busquen unha mellora das prestacións conseguindo unha estrutura máis integrada e liviá. Isto aplícase a todos os vehículos ou produtos de altas prestacións que busquen a mellora.

Variacións
A versatilidade da tecnoloxía permítenos adaptarnos ás necesidades do proxecto moi rapidamente. Tamén se pode evolucionar moi rápido de acordo ás necesidades do proxecto.

Opcións de pesonalización
O material permite ofrecer infinidade de acabados e cores.

Dimensións
Información non dispoñible

Fabricación
Información non dispoñible

Procesado
Información non dispoñible

Outras formas de procesado
Curado químico e mecánico, optimizado para o proceso.

ENTIDADE DE CONTACTO

Pablo Iglesias

Montecelo Alto nº25, 4ºA. Vigo (Pontevedra)


Pablo Iglesias

618 063 475

palolo17@gmail.com

×