ETC BOX, SISTEMA ESTRUTURAL ECOTIMBERCELL DE FORXADO ALIXEIRADO DE MADEIRA | MG-7035

ETC BOX, SISTEMA ESTRUTURAL ECOTIMBERCELL DE FORXADO ALIXEIRADO DE MADEIRA

MG-7035
Naturais

Sistemas estruturais de forxados e cubertas de altas prestacións alixeirados de madeira, nos que se optimiza o material traballando a flexión. Estes sistemas presentan como propiedades que almacenan carbono a longo prazo, reducen a pegada de carbono e o custo enerxético comparados con outros materiais, minimizan o uso de madeira nos sistemas construtivos e reducen a utilización de ligantes artificiais. Utilízanse para o desenvolvemento de forxados e cubertas de madeira para ser incorporados na construción, principalmente de vivendas unifamiliares de alta eficiencia enerxética.



Características

Ano de lanzamento
2021

Estado
Información non dispoñible

Innovación
Información non dispoñible

Composición
A partir da célula ETC mínima, formada por dous cordóns de madeira aserrada, madeira local certificada obtida dos montes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal de alto potencial forestal, conectados por taboleiros hardboard totalmente ecolóxicos que utilizan, como materia prima, madeira de mínimo valor como restos de podas e madeira non válida para outros usos de almacenamento de carbono a longo prazo e, como adhesivo, neste caso, adhesivo natural, a lignina, material orgánico presente na madeira con propiedades termoplásticas, exponse o desenvolvemento dun sistema de forxado, intermedio ou de cuberta, mediante a sucesión de células, aproveitando as boas prestacións, a facilidade de fabricación e o baixo prezo da unidade mínima. Así, obtense un sistema de construción ecolóxico, de madeiras locais, altamente eficiente e con moi baixa xeración de residuos.

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Información non dispoñible

Propiedades
Resistencia ao lume: Media
Resistencia á auga: Baixa
Acústica: Absorbente
Óptica: Opaco
Resistencia química: Non aplica
Dureza: Media
Tenacidade: Alta
Elasticidade: Alta
Resistencia á fatiga: Alta
Conductividade térmica: Baixa
Resistencia a tracción: Alta
Resistencia ao raiado: Baixa
Resistencia UV: Non aplica
Resistencia ao impacto: Alta
Resistencia ao rasgado: Alta

Outras propiedades destacadas
Lixeireza.

Un elemento estrutural de madeira, a igualdade de peso, é catro veces máis resistente que o ferro. Os produtos EcoTimberCell optimizan o uso do material, da madeira, conseguindo un produto con gran inercia e que permite un aforro de material fronte a unha sección maciza maior ao 60%.

Illamento térmico. A madeira seca é un excelente illante térmico e eléctrico, vantaxe que aproveitan os produtos de madeira.

Estabilidade dimensional.Ten unha estabilidade dimensional moi grande aínda que cambie sensiblemente a teor da humidade ambiente.

Uso

Aplicacións
O sistema estrutural ETC Box consiste nun sistema de forxados e cubertas de altas prestacións, nos que se optimiza o material traballando a flexión.
Xunto co resto da gama EcoTimberCell exponse o ETC Box para o desenvolvemento de forxados e cubertas de madeira para ser incorporados á construción, principalmente de vivendas unifamiliares de alta eficiencia enerxética. Así ofrecese unha solución con materiais de baixa pegada de carbono que incrementa a eficiencia enerxética das vivendas de custo medio e actúase directamente sobre unha das principais causas de emisións de gases de efecto invernadoiro e, por tanto, en mitigación do cambio climático.

Variacións
Información non dispoñible

Opcións de pesonalización
Información non dispoñible

Dimensións
Información non dispoñible

Fabricación
Información non dispoñible

Procesado
Información non dispoñible

Outras formas de procesado
Información non dispoñible

ENTIDADE DE CONTACTO

Grupo Plataforma de Enxeñería de Madeira Estrutural (PEMADE). USC

Campus Universitario de Lugo Rúa Benigno Ledo, 2. Lugo

982 823 322

https://www.life-ecotimbercell.eu/


Begoña Jiménez Urquía

635 20 51 39

begona.jimenez.urquia@usc.es

×