Warning: session_start(): open(/tmp/sess_8deebf6546fe63f159680e4d77866776, O_RDWR) failed: No space left on device (28) in /DATA/www/html/www_materiot/web/bd/application/Session.php on line 17

Warning: session_start(): Failed to read session data: files (path: ) in /DATA/www/html/www_materiot/web/bd/application/Session.php on line 17
BIOESCUMA DE POLIURETANO | Materioteca de Galicia
BIOESCUMA DE POLIURETANO | MG-7004

BIOESCUMA DE POLIURETANO

MG-7004
Naturais

Bio-escuma de poliuretano obtida a partir do emprego de lignina como substituto do poliol. A lignina modificada procede dunha fonte natural e residual, o licor negro residual do proceso de fabricación da pasta de celulosa, mentres que o poliol convencionalmente empregado, provén do petróleo. Dispoñible tanto en formato flexible como ríxido cumpre con todos os requisitos de estabilidade, cinética e propiedades mecánicas e físicas para a súa aplicación no sector da automoción, sendo estas moi similares ás das escumas obtidas a partir de poliol sintético (cor branca).



Características

Ano de lanzamento
2017

Estado
En fase de desenvolvemento

Innovación
Trátase de escumas de poliuretano obtidas a partir do emprego de lignina como substituto do poliol. O poliol convencionalmente empregado, provén dunha fonte non renovable e con altas consideracións ambientais asociadas: o petróleo. A lignina empregada é obtida a partir dun residuo procedente do proceso de obtención de pasta de celulosa e, adicionalmente, é unha materia prima de orixe natural altamente dispoñible na natureza por ser un dos principais compoñentes da madeira (15-40%).
As bio-escumas de poliuretano obtidas tanto en formato de escuma flexible como ríxida cumpren con todos os requisitos de estabilidade, cinética e propiedades mecánicas e físicas para a súa aplicación no sector da automoción.

Composición
Bio-escuma de poliuretano baseada no emprego de lignina modificada como 100% de fase poliol na formulación, representando o 50% do total da formulación. O resto de formulación componse de isocianato (40%), catalizadores, reticulantes, etc (10%).

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Todos aqueles referentes a propiedades físicas e mecánicas segundo as normativas de aplicación.

Propiedades
Resistencia ao lume: Non aplica
Resistencia á auga: Non aplica
Acústica: Non aplica
Óptica: Non aplica
Resistencia química: Non aplica
Dureza: Non aplica
Tenacidade: Non aplica
Elasticidade: Non aplica
Resistencia á fatiga: Non aplica
Conductividade térmica: Non aplica
Resistencia a tracción: Non aplica
Resistencia ao raiado: Non aplica
Resistencia UV: Non aplica
Resistencia ao impacto: Non aplica
Resistencia ao resgado: Non aplica

Outras propiedades destacadas
As bio-escumas de poliuretano obtidas tanto en formato de escuma flexible como ríxida cumpren con todos os requisitos de estabilidade, cinética e propiedades mecánicas e físicas marcadas pola normativa para a súa aplicación no sector da automoción. Os resultados de propiedades non difiren significativamente respecto a unha escuma de poliuretano convencional empregada neste sector. Algúns datos de caracterización das bio-escumas baseadas en lignina son: densidade: 45-47 Kg/ m3; resistencia a compresión de material alveolar flexible 40%: 390-410 N; racho: 2,5-3 N/cm; deformación remanente 50%: 7-8%; tracción: 120-150 kPa; alongamento: 60-90 %.

Uso

Aplicacións
Aplicacións en automoción pero tamén extrapolable a todos aqueles sectores nos que se empregue escuma de poliuretano.

Variacións
Diferentes tipoloxías de formatos: bio-escuma ríxida, flexible, formato adhesivo, entre outras.

Opcións de pesonalización
En forma e características particulares.

Dimensións
Bloque de bio-escuma de poliuretano tanto en formato ríxido como flexible.

Fabricación
Reacción de uretanización entre unha fase isocianato e unha fase poliol e expansión confinada da escuma de poliuretano.

Procesado
Información non dispoñible

Outras formas de procesado
Información non dispoñible

ENTIDADE DE CONTACTO

Centro Tecnológico del Grupo COPO / Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial CETIM

Estrada Puxeiros-Mos, 45 Tameiga, 36416 Mos, Pontevedra / Parque Empresarial de Alvedro calle H, 20, 15180 Culleredo

881 105 624

info@cetim.es

http://cetim.es


Rosalía Noguerol Cal

Responsable del Departamento de Materiales Avanzados de CETIM

881 105 624

rnoguerol@cetim.es

×