Warning: session_start(): open(/tmp/sess_7a1aa07827c9cc8881dc56d70348dea9, O_RDWR) failed: No space left on device (28) in /DATA/www/html/www_materiot/web/bd/application/Session.php on line 17

Warning: session_start(): Failed to read session data: files (path: ) in /DATA/www/html/www_materiot/web/bd/application/Session.php on line 17
TABLEX | Materioteca de Galicia
TABLEX | MG-7001

TABLEX TM

MG-7001
Naturais

Taboleiro de fibras de madeira de alta densidade. A súa composición é 100% natural, como adhesivo utilízase a lignina da madeira, non contén adhesivos artificiais e, por tanto, non emite formaldehído. Fabrícase a partir de subprodutos forestais, procedentes de plantacións de proximidade e dispón de certificado de custodia da madeira baixo os estándares PEFC e FSC. Presenta alta densidade e resistencia, excelente comportamento fronte á humidade e, por tanto, elevada durabilidade do produto. Trabállase con espesores ultrafinos de ata 1,8 mm.



Características

Ano de lanzamento
Información non dispoñible

Estado
Comercialmente dispoñible en grandes cantidades

Innovación
Non contén adhesivos artificiais e por tanto, non emite formaldehído, e a súa composición é 100% natural. Como adhesivo utilízase a lignina da madeira.
A madeira utilizada procede de plantacións de proximidade e disponse de certificado de custodia da madeira baixo os estándares PEFC e FSC.
Fabrícase a partir de subproductos forestais, é dicir, ramas, puntais, entresacas, etc, complementando aplicacións de maior valor engadido (celulosa, táboa) e aumentando a rendibilidade do recurso forestal galego.

Composición
94% madeira 6% auga

Certificacións
Certificado de sistema de xestión da garantía da calidade segundo ISO 9001
Marcado CE para construción tipo HB
Marcado CE para construción tipo HB. HLA2 (baixo petición)

Tests
Todos os da norma EN13986: Taboleiros derivados da madeira para utilización en construción

Propiedades
Resistencia ao lume: Alta
Resistencia á auga: Media
Acústica: Difusor
Óptica: Opaco
Resistencia química: Alta
Dureza: Alta
Tenacidade: Non aplica
Elasticidade: Non aplica
Resistencia á fatiga: Non aplica
Conductividade térmica: Baixa
Resistencia a tracción: Alta
Resistencia ao raiado: Media
Resistencia UV: Media
Resistencia ao impacto: Alta
Resistencia ao resgado: Alta

Outras propiedades destacadas
Alta densidade e resistencia, excelente comportamento fronte á humidade, elevada durabilidade do produto.

Uso

Aplicacións
Interior de automóbiles, mobiliario, embalaxe, portas, paneis sándwich, paneis divisorios, falsos teitos, tacóns, xoguetes, decoración, arquitectura efémera, insonorización.

Variacións
Pintado en cores branco, lisos, metalizados, téxtiles e madeiras pode contratiparse calquera patrón.
Perforado, con varios patróns e tamaños, sobre taboleiro cru ou pintado.
Lixado, unha ou ambas as caras.
Apto para calquera tipo de recubrimento.

Opcións de pesonalización
Espesor, medidas e acabados baixo petición (consultar cantidades mínimas).
Dispoñible identificación personalizada no packaging ou no propio taboleiro.

Dimensións
Paneis de 2440x1220, 3660x1220 e divisores, e espesores entre 1.8 e 6.0 mm.

Fabricación
A madeira transfórmase en achas e obtéñense as fibras tras o seu paso por un desfibrador previa cocción da acha con vapor. As fibras dilúense en auga e fórmase unha manta húmida que logo se prensa a elevada presión e temperatura. Despois realízase un tratamento térmico onde a lignina se endurece ata obter un taboleiro de elevadas propiedades físico-mecánicas.

Procesado
Cosido
Impresión
Laminado
Prensado en frío
Procesable con ferramentas para madeira
Procesable con ferramentas para metal
Termoconformado
Troquelado

Outras formas de procesado
Prensado en quente

ENTIDADE DE CONTACTO

BETANZOS HB, S.L.

Carretera Betanzos-Santiago, km.3

981779800

info@betanzoshb.es

http://www.betanzoshb.es


Rosa María Arcas

R&D Manager

981779800

rarcas@betanzoshb.es

×