Warning: session_start(): open(/tmp/sess_2fa84f69675086b760448909e492c55f, O_RDWR) failed: No space left on device (28) in /DATA/www/html/www_materiot/web/bd/application/Session.php on line 17

Warning: session_start(): Failed to read session data: files (path: ) in /DATA/www/html/www_materiot/web/bd/application/Session.php on line 17
PP + 30% PIÑEIRO | Materioteca de Galicia
PP + 30% PIÑEIRO | MG-6002

PP + 30% PIÑEIRO

MG-6002
Polímeros

Plástico reforzado con fibra de madeira (PP + 16% de talco + 30% fibra de madeira de piñeiro). O material presenta unha estética orgánica xa que provén dunha materia prima natural. Presenta propiedades mecánicas similares ao plástico base (PP), coas propiedades a tracción lixeiramente melloradas. Pode moldearse por inxección ou extrusión para fabricar pezas decorativas para interiores de automóbil con requisitos de comportamento a choque, por exemplo a zona do cadro de mandos con posible contacto de choque xeonllo.



Características

Ano de lanzamento
2012

Estado
Comercialmente dispoñible en pequenas cantidades

Innovación
Material desenvolvido no marco do proxecto Greenmotion (Interreg España-Portugal). Presenta unha estética orgánica, non só provén dunha materia prima natural, senón que o parece.

Composición
Polipropileno con 16% de talco e 30% de fibra de madeira de piñeiro.

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Módulo de tracción: 5550 MPa
Módulo de flexión: 5328 MPa
Impacto Charpy (23º) 15,4 Kj/m2
Temperatura de deflexión térmica (HDT A): 101,1 ºC
Densidade: 1,25 g/cm3
Ensaios específicos de automoción:
Fogging OK
Combustibilidades OK
Resistencia climática OK

Propiedades
Resistencia ao lume: Alta
Resistencia á auga: Alta
Acústica: Non aplica
Óptica: Non aplica
Resistencia química: Alta
Dureza: Media
Tenacidade: Media
Elasticidade: Baixa
Resistencia á fatiga: Non aplica
Conductividade térmica: Baixa
Resistencia a tracción: Media
Resistencia ao raiado: Alta
Resistencia UV: Baixa
Resistencia ao impacto: Media
Resistencia ao resgado: Non aplica

Outras propiedades destacadas
Propiedades mecánicas similares ao plástico base ( polipropileno) coas propiedades a tracción lixeiramente melloradas. Aspecto natural.

Uso

Aplicacións
Pezas decorativas para interiores de automóbil, mobiliario de terrazas, etc.

Variacións
Patrón e texturas acordes ao texturizado do molde. Ao incluír un material natural, podería presentar lixeiras variacións de cor dun lote a outro.

Opcións de pesonalización
Como calquera outra peza plástica, poderíase pintar, vernizar, gravar a láser, etc.

Dimensións
Granza plástica.

Fabricación
Información non dispoñible

Procesado
Extrusión
Moldeo por inxección

Outras formas de procesado
Información non dispoñible

ENTIDADE DE CONTACTO

Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG)

Polígono A Granxa, parcela 249-250. 36400 Porriño

986900300

Ctag@ctag.com

https://ctag.com


Vanessa Ventosinos

Investigadora

986 900 300

Vanesa.ventosinos@ctag.com

Raquel Ledo

Responsable del área de innovación en materiales.

986 900 300 ext

Raquel.ledo@ctag.com

×