As “baterías de sal” reciclables de baixo custo prometen aumentar a autonomía dos vehículos eléctricos

Usando sal como compoñente básico, investigadores chineses e británicos deseñaron un novo tipo de batería recargable que podería acelerar o cambio cara a un transporte eléctrico máis ecolóxico nas nosas estradas.

As baterías recargables de ións de litio teñen un problema, poden perder enerxía e potencia co tempo.

Para resolver estes problemas, a Universidade de Nottingham está a colaborar con seis institutos de investigación científica de China para desenvolver un sistema de almacenamento de enerxía innovador e alcanzable coas vantaxes de rendemento combinadas dunha pila de combustible de óxido sólido e unha batería de metal-aire. A nova batería podería ampliar considerablemente a autonomía dos vehículos eléctricos, á vez que sería totalmente reciclable, respectuosa co medio ambiente, de baixo custo e segura.

Máis información no siguiente enlace.