Estudo estratéxico sobre materiais orgánicos non vexetais

No Workshop dedicado aos “Materiais orgánicos non vexetais” do pasado 20 de maio, foi presentado un Estudo estratéxico realizado pola empresa Materially a instancias da Materioteca de Galicia.

Este estudo estratéxico de Materiais orgánicos non vexetais constitúe un catálogo de gran interese sobre os devanditos materiais que pode resultar de utilidade para obter referencias a diversos materiais de carácter moi innovador.

O documento presenta os materiais organizados en 3 temáticas: Gandería, Acuicultura e pesca e materiais doutras procedencias. Para facilitar a consulta, incorpórase a información en formato de fichas cunha imaxe do material, xunto cunha descrición do mesmo, do proceso que permite obtelo e unha referencia á empresa que o produce. A través da seguinte ligazón pódese descargar o Documento (pdf)

Nos próximos meses, desde a Materioteca de Galicia difundiremos diversos estudos e artigos co obxectivo de incrementar o interese e a motivación para innovar no campo dos materiais.