Evento sobre Minerais estratéxicos para a industria galega (20-22 setembro 2021)

A plataforma Minaría Sostible de Galicia, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e EIT RawMaterials, coa colaboración da Xunta de Galicia, organizan as xornadas “Minerales Estratégicos para la Industria Gallega” que xirarán en torno á importancia da investigación e explotación de materias primas críticas para o desenvolvemento do tecido industrial e o aumento da súa competitividade.

Estas xornadas son o cume do proxecto iTarg3t, unha iniciativa da Unión Europea a través da EIT RawMaterials no que participaron 13 socios e 8 países europeos (España, Suecia, Polonia, Croacia, Alemania, Portugal, Ucrania e República Checa), para identificar recursos en zonas de grandes indicios como o oeste Peninsular, Portugal e o este de Europa.

Máis información