Fibras celulósicas de orixe forestal na industria téxtil

Esta nova entrega da serie de artigos da Materioteca de Galicia elaborados por expertos e expertas en materiais ten como protagonistas ás fibras celulósicas. Da man de Montserrat Rodríguez Ogea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), adentrámonos no gran reto ao que se enfrontan as empresas téxtiles en canto á sostibilidade e as solucións que poden atopar da man da industria forestal.

A autora analiza o mercado das fibras téxtiles en xeral e o das fibras celulósicas en particular. Ademais, explica o seu proceso de elaboración e as vantaxes que presentan a nivel ambiental, que as converten en aliadas estratéxicas da industria téxtil na súa transición cara á bioeconomía circular.

Preme aquí para ler o artigo.