O CIS Tecnoloxía e Deseño ten aberta ao público unha exposición sobre a relación entre os materiais e a natureza

O CIS Tecnoloxía e Deseño acolle ata o 26 de novembro a exposición Arquivo da Matéria Viva, unha mostra sobre a conexión dos materiais coa natureza que comeza a súa itinerancia en Galicia logo da súa exhibición na localidade portuguesa de Matosinhos con motivo da Porto Design Biennale.

Inspirada no libro Vibrant Matter, de Jane Bennett, Arquivo da Matéria Viva busca espertar a atención e o interese das persoas polos materiais naturais do seu contorno máis próximo. A valorización dos residuos e a circularidade son dous dos valores protagonistas nesta mostra, en consonancia co espírito do I Certame de Materiais Innovadores de Galicia, que incluíu a inauguración da exposición no seu acto de peche. A mostra convive este mes coa exhibición dos 80 materiais participantes no certame.

A exposición, que se integra na programación de eventos da Materioteca de Galicia e do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, pode visitarse de martes a venres con entrada libre polas mañás e baixo reserva para grupos de seis persoas como mínimo polas tardes e o luns todo o día.

Información e reservas para grupos no 981 337 133 e en infocistd.gain@xunta.gal.

Máis información