O podcast da Materioteca aborda a Intelixencia Artificial e o deseño de novos materiais, con Jorge Mira como convidado

A Materioteca de Galicia chega ao seu primeiro episodio, despois do que se dedicou á presentación dos obxectivos deste proxecto. Deborah García Bello dá as claves da “Intelixencia Artificial e o deseño de novos materiais”, coa axuda do tamén científico e divulgador Jorge Mira. Os oíntes saberán ata que punto a Intelixencia Artificial axuda a atopar se existe ou non o material desexado ou cales son as claves para lograr sintetizar un novo material analizando todo o que se sabe sobre as características concretas que se están buscando.

Pola súa banda, a Jorge Mira preguntámoslle como a IA pode axudarnos a separar e clasificar residuos para a posterior reciclaxe; se pode deseñar un material que aínda non existe ou se se podería usar para predicir a evolución dun material co paso do tempo.

O podcast A Materioteca de Galicia naceu coa idea de divulgar a innovación nas tecnoloxías dos materiais dunha forma amena e accesible para todo tipo de públicos. Pode escoitarse en Spotify, Spreaker e outras plataformas de audio.

Accede ao noso podcast dende aquí.