Tea calefactable: calor uniforme para levar

Tea calefactable

Os téxtiles funcionais levan algúns anos revolucionando a forma na que concibimos os tecidos. Grazas á combinación de tecnoloxías procedente de diferentes campos de coñecemento, hoxe en día podemos conseguir no mercado prendas que liberan fragrancias ou repelente para insectos ao fregalas e tecidos antibacterianos ou autolimpliables. O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) realizou a súa achega a este catálogo cunha tea calefactable que garante un quecemento uniforme das superficies e que xa forma parte da Materioteca de Galicia.

Na Vila romana de Toralla, escavación arqueolóxica aberta ao público en Vigo, poden verse os vestixios do que foi o primeiro sistema de calefacción central da historia: o hipocausto. Inventado no século I a. de C. polos romanos, tratábase dun sofisticado modelo de calefacción radial que distribuia a calor polo chan das casas máis podentes.

Dous mil anos despois, seguimos perfeccionando a tecnoloxía que nos permite manter ou aumentar a temperatura. Polo que se refire aos téxtiles, a manta eléctrica é a referencia máis coñecida. As súas orixes están en almofada eléctrica que o doutor norteamericano Sidney Russell inventou en 1912 para colocar no peito de pacientes tuberculosos. O cadrado de tea con expiras eléctricas no seu interior inspirou a manta que se popularizou nos anos 30 do século pasado, pero que aínda hoxe segue presentando problemas de seguridade polo seu risco de sobrequentamento.

As teas calefactables eficientes e seguras son obxecto hoxe de avances que nos permiten vestir chaquetas e luvas ou sentarnos en sofás que emiten calor. Un dos principais quebradizos de cabeza dos investigadores que desenvolven estes téxtiles funcionais é que a calor se distribúa de forma uniforme. Os da área de novos materiais do CTAG deron coa solución de forma casual, mentres desenvolvían plásticos capaces de detectar impactos para o seu uso en vehículos. Para monitorar as pezas mentres eran sometidas a diferentes tipos de golpes, tiñan que conectalas á corrente eléctrica e aí detectaron que, grazas a uns compostos de carbono que lles engadían, as pezas quentábanse e, ademais, facíano de forma uniforme. A partir dese momento, centráronse en buscar formas alcanzables e fáciles de aplicar este efecto, ata que deron cunha pintura que se podía incorporar a calquera superficie, incluso unha tea. O reto principal foi lograr que a tea se mantivese flexible e que os contactos de cobre necesarios para conducir a corrente eléctrica non se despegasen, pero puxeron tanto empeño que ao final lograron unha solución que hoxe é obxecto dunha patente.

A tea calefactable do CTAG forma parte da sección de materiais baseados en carbono da Materioteca de Galicia. A súa base é un tecido de algodón ou poliester cun coating calefactable e contactos de cobre por electrodeposición flexibles e integrados na tea, sen risco de laminación por choque térmico. Segundo os seus creadores, a calor que achega é máis agradable e saudable que o xerado con fío nas resistencias eléctricas tradicionais, á vez que a tea conserva tanto as súas propiedades como a súa flexibilidade e mesmo é posible microperforarla para mellorar a transpirabilidade.


Aínda que aínda non está dispoñible no mercado, xa se fixeron probas piloto para diferentes sectores. Os test realizados han permitido calefactar diferentes pezas do interior dun vehículo ( reposabrazos, asento, volante, etc.), pero tamén quentar o chan de terrazas en bares ou ter encimeras de cociña que mantienenel prato quente.Ademais, identificouse tamén como aplicación potencial o recubrimento de pas eólicas ou compoñentes de aeronáutica para evitar a deposición de xeo en condicións climáticas extremas.

A potencia é adaptable, de forma que é posible alcanzar os 2.000 vatios por metro cadrado, logrando unha temperatura de ata 200º C. Ademais de lograr unha temperatura concreta, é posible lograr unha velocidade de quecemento determinada.

Accede á ficha deste material para obter toda a información ( link).