Workshop “Novos materiais para packaging sustentable”

Data: 14 novembro 2019. Horario: 9:45 – 18.30.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), celebra o vindeiro 14 de novembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) o workshop “Novos materiais para packaging sustentable”.

Os destinatarios do encontro son profesionais do deseño, persoal investigador do campo dos novos materiais, estudantes de deseño e empresas.

A xornada comezará coa presentación dos servizos que se prestan a través da Materioteca de Galicia, que acolle o workshop nas súas instalacións e que cumpre cinco meses a disposición de empresas e profesionais do deseño.

Máis información: http://gain.xunta.gal/eventos/288/workshop+novos+materiais+packaging+sustentable