Workshop online Materiais orgánicos non vexetais

A Materioteca de Galicia celebra o seu primeiro workshop de 2021 cos materiais orgánicos nonvexetais como protagonistas. O 20 de maio cinco expertos presentarán as principais tendencias neste tipo de materiais durante o evento online o organizadopola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN).

Durante este workshop explorarase a relación destes materiais co mundo do contract e as súas diferentes aplicacións para a obtención de texturas e acabados superficiais de alta calidade e valor comercial. Os encargados de expoñer esta vertente dos materiais orgánicos non vexetais serán os promotores das iniciativas Workshop Contract e Material Hub Innovation.

Por outra banda, representantes dos centros tecnolóxicos CTAG, CETIM e ANFACO-CECOPESCA presentarán diferentes proxectos nos que estes materiais toman protagonismo como recursos de interese para a industria do automóbil, a obtención de biopolímeros a partir da lactosa e a revalorización de residuos da pesca, respectivamente.

Na última parte do workshop, exporase unha selección internacional de materiais con base orgánica non vexetal a cargo Materially, que incidirá nas  súas aplicacións e interese industrial.

Este evento é de especial interese para deseñadores/as, persoal técnico e profesionais vinculados co deseño e coa comercialización de novos produtos cun alto compoñente de sustentabilidade.

Programa do workshop (pdf).

Formulario de inscrición