iTechStyle Summit 2022

Do 25 ao 27 de maio de 2022 terá lugar en Matosinhos, Portugal, iTechStyle Summit 2022, unha conferencia internacional presencial de tres días sobre téxtiles e pezas de vestir, deseñada para brindar momentos de debate e reflexión sobre o coñecemento científico e tecnolóxico actual, involucrando a actores innovadores da industria, provedores de tecnoloxía , investigadores, clústers e outros axentes vinculados ao Sector Téxtil de todo o mundo.

Os organizadores deste evento contan coa participación de Lisa Lang ( Climate- KIC | Comisión Europea), Adriana Domínguez (Adolfo Domínguez), Thomas  Gries ( RWTH  Aachen  University), Isabel  Furtado ( TMG  Automotive |  COTEC Portugal) ,  Tobias  Gröber ( Messe  München), Elisa  Palomino ( University  of  the Arts  London),  Lutz Walter ( Textile  ETP), entre outros recoñecidos expertos académicos e da industria, quen compartirán as súas achegas sobre tendencias, estratexias, oportunidades e desafíos actuais, centrándose nas seguintes áreas:  megatendencias: os próximos pasos,  descarbonización, novos modelos comerciais, transición xemelga: verde e dixital, (r)evolución de materiais e habilidades para a industria.

Neste contexto, a  Axencia  Galega de Innovación, no marco de  EEN- GalacteaPlus, co-organiza un B2B, co obxectivo de estimular a todos os actores do deseño, a moda, a cadea de valor téxtil e o design  thinking para a innovación para explorar, aprender, compartir e relacionarse con innovadores, provedores de tecnoloxía, investigadores e outros actores da moda, o deseño industrial e o sector téxtil de toda Europa. O  matching celébrase o 26 de maio en Matosinhos pero existe a opción de concertar reunións virtuais.

Máis información