Materiais para o aproveitamento de enerxía

A nosa serie de artigos elaborados por expertos e expertas en materiais continúa coa achega de Francisco Rivadulla, investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e do Departamento de Química-Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Neste artigo, Rivadulla pon o foco nos materiais denominados funcionais no ámbito enerxético, en referencia a que non só actúan como soporte dos dispositivos para o aproveitamento de novas fontes de enerxía, senón que son o dispositivo en si mesmo, é dicir, son materiais activos desde o punto de vista da captación e da transformación de enerxía. 

A análise céntrase en tres tipos de materiais funcionais e nas súas aplicacións: os piezoeléctricos, os termoeléctricos e os utilizados en células solares. O autor finaliza cunha serie de conclusións sobre as necesidades do sector e as capacidades do sistema investigador galego neste ámbito.

Preme aquí para ler o artigo.