Novas enerxías (video)

Vídeo Novas enerxías

Continuando coa serie de vídeos dedicados á promoción de materiais galegos innovadores e sustentables, presentamos os materiais respiro-calóricos, a través dunha das mostras dispoñibles na nosa Materioteca.

Pode consultar o vídeo aquí.

O materiais respiro-calóricos, desenvoltos polo CICA da Universidade da Coruña, son unha clase de materiais porosos, que, ao atrapar moléculas de gas (habitualmente CO2) dentro da súa estrutura cristalina, experimentan cambios no seu tamaño que conducen a procesos de quecemento ou arrefriamento. Esta liberación ou absorción de calor, xunto coa súa baixa pegada de carbono e baixa toxicidade, converte o material respiro-calórico nun firme candidato para a substitución dos gases fluorados contaminantes que se veñen empregando dentro dos ciclos de refrixeración. É, por tanto, un composto moi apreciado polo seu interese para o sector das novas enerxías.

Neste vídeo, teremos oportunidade de coñecer o esforzo de investigación neste tipo de materiais por parte de centros de investigación como o CICA da Universidade da Coruña.

A Materioteca de Galicia, conta cunhas mostras destes materiais respiro-calóricos que se poden consultar de forma libre accedendo á seguinte ligazón:

https://www.materioteca.gal/bd/materi/ver/230