Publicación I Certame de Materiais Innovadores de Galicia

A publicación I Certame de Materiais Innovadores de Galicia recolle información sobre cada unha das 80 propostas presentadas ao certame, profundizando nas oito candidaturas que resultaron preseleccionadas como finalistas, a través de entrevistas cos seus promotores e promotoras, e presenta os principais indicadores do certame.

A finalidade deste monográfico é contribuír á difusión pública do valioso esforzo que realizan profesionais, empresas e centros de coñecemento galegos no campo da I+D+i en materiais.

Contribúese así ao obxectivo global do certame, promovido pola Materioteca de Galicia para identificar, potenciar e difundir os novos materiais creados en Galicia.

Publicación