Revolucionando o mundo da refrixeración e calefacción: cambiando líquidos contaminantes por novos materiais sólidos sostibles.

Juan Manuel Bermúdez García, Licenciado en Química pola Universidad de Granada, posúe un Máster en Ciencias, Tecnoloxía e Xestión Ambiental e un Doctorado en Química Ambiental e Fundamental, ambos pola Universidade da Coruña. Neste momento, desenvolve a súa liña de investigación no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña. Aquí, traballa na división especializada en química do estado sólido do grupo QUIMOLMAT, xunto cos profesores María Antonia Señarís Rodríguez, Socorro Castro García e Manuel Sánchez Andújar, e cun equipo de mozos investigadores predoctorais e postdoctorais.

A súa investigación está centrada no desenvolvemento de novos termomateriais sólidos para sistemas de refrixeración e calefacción con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro, a cal xa foi recoñecida con premios da Real Academia Galega de Ciencias e de grupos especializados da Real Sociedad Española de Química, e foi finalista na Emerging Technologies Competition da Royal Society of Chemistry.

Xogou un papel moi relevante no descubrimento das “perovskiñas” e os “respiro-cáloricos”, materiais sólidos capaces de transformar pequenas presións e reutilizar o CO2 para proporcionar frío e/ou calor. Estes son os primeiros exemplos de materiais sólidos que poden operar en condicións similares aos gases de refrixeración e calefacción comerciais (moitos dos cales serán retirados do mercado antes do 2050 por contribuír ao aquecimento global), presentando unha alternativa moi prometedora e máis sostible.

Fai click aquí para ler o artigo.