Construcción sustentable (video)

Este mes dende a Materioteca de Galicia e dentro da promoción de materiais innovadores e sostibles de Galicia, presentamos un pequeno vídeo dedicado a un dos materiais máis innovadores e sostibles no ámbito da construción e arquitectura verde: os xeopolímeros.

Accede ao vídeo dende aquí.

Unha das características máis destacadas dos xeopolímeros é a súa impresionante sustentabilidade xa que estes materiais elabóranse a partir de subproductos industriais ou materiais reciclados, o que reduce significativamente a súa pegada ambiental en comparación co cemento Portland e convérteo nun elemento altamente solicitado para o deseño sostible de edificacións.

No vídeo, teremos oportunidade de coñecer o esforzo de centros tecnolóxicos como o AIMEN para investigar e desenvolver eco-materiais de construción como os novos formigóns xeopoliméricos obtidos a través do proxecto GeoCel. Estes materiais ecolóxicos, permitirán reducir as emisións de CO2 e necesitarán consumir menos enerxía durante o seu proceso de fabricación.

A Materioteca de Galicia, conta cunhas mostras destes xeopolímeros que se poden consultar de forma libre nesta ligazón.