Data: 21/11/2023
Hora: 10.00 h.
A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) organiza unha xornada online para expoñer os traballos levados a cabo durante o último ano xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) os cales se materializaron no Catálogo de Recursos Naturais de Galicia, e que pasará a formar parte da Materioteca.
Nesta celebración, preséntase o inicio do traballo de colaboración coa COMG, na creación dun Catálogo de Recursos Naturais de Galicia co obxectivo de promover e difundir o potencial mineiro galego, e en especial, o que poida considerarse de carácter estratéxico.
Este catálogo e a súa asociada exposición, está enmarcada na Axenda Galega de Impulso de Minería Sostible 2030, e contempla actuacións encamiñadas ao impulso da circularidade das materias primas minerais mediante a valorización dos residuos producidos nos establecementos mineiros e que, polas súas características, poidan resultar rendibles para outros usos e sexan susceptibles de integración na Materioteca de Galicia.
Este webinar de inscripción gratuita ao que se pode asistir a través de Zoom, é de especial interese para empresarios da industria mineira e obra civil, xeólogos, enxeñeiros, persoal investigador en materiais e profesionais doutros sectores vencellados aos recursos naturais.