Xornada “Retos na valorización de residuos plásticos”

Xornada “Retos na valorización de residuos plásticos”

O pasado xoves 22 de xuño, tivo lugar, nas instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño. o evento, organizado pola Materioteca de Galicia, dedicado aos “Restos para a Revalorización de Residuos Plásticos”.

Paticiparon profesionais de Aproema, Asociación Profesional de Empresas Medioambientales de Galicia, AIMPLAS · Instituto Tecnológico del Plástico, ESGAM, e a divulgadora científica Deborah García.

O evento, centrado na economía circular aplicada aos materiais plásticos, estivo centrado en analizar os esforzos e alternativas para revalorizar os materiais plásticos, así como os diferentes proxectos encamiñados á retirada de residuos plásticos do medio mariño e os procedentes da agricultura.

Por parte da Materioteca de Galicia, foron presentaron diversos materiais innovadores elaborados mediante o emprego de residuos poliméricos de alta e baixa densidade, así como materiais plásticos sostibles procedentes de proxectos realizados por empresas de Galicia.

Representando á Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia (APROEMA): Hugo Vila (CEO de Reciclados AVI) e Maruxa Pérez (xerente de ESGA). O primeiro, presentou os problemas que máis afectan as empresas de tratamento dos residuos plásticos en Galicia, destacando a importancia do esforzo que require o esforzo logistico en Galicia para poder rendibilizar a recollida de residuos plásticos xa que se atopan en puntos moi dispersos. Maruxa Pérez, abordou a problemática existente cos plásticos empregados na agricultura (PUA), pero indicou que en Galicia o volume e dispersión de residuos deste tipo de materiais, en comparación con outras comunidades, reduce moito a rendibilidade da súa reciclaxe.

Por parte de AIMPLAS, presentáronse dous relatorios. A primeira, realizada por María Montes, sobre os procesos de laboratorio e ensaios para a certificación de materiais plásticos e na que se clarificaron os ensaios químicos e físicos que se esixen para considerar un material como biodegradable e compostable. Posteriormente, Javier Grau, presentou os resultados do proxecto REPESCA_PLAS, no que participaron diversas confrarías de Galicia e a Universidade de Vigo, e que serviu para caracterizar os residuos plásticos extraídos do mar e documentar as súas posibilidades de valorización e impacto ecotoxicológico.

Para pechar a xornada e a modo de conclusións, Deborah García centrou a súa presentación na exposición de exemplos e casos nos que, baixo a perspectiva do cálculo do impacto ambiental, evidenciou o menor consumo de enerxía, auga e emisión de CO2 na produción de plástico e reciclado de plástico, que outras alternativas máis populares como son o papel e as bolsas de algodón. As súas conclusións destacan o esforzo por enfrontar o coñecemento baseado na cultura científica, fronte ao impacto de campañas baseadas en sesgos de negatividade.