N

Fecha21 Marzo, 2024

Revolucionando o mundo da refrixeración e calefacción: cambiando líquidos contaminantes por novos materiais sólidos sostibles.

Juan Manuel Bermúdez García, Licenciado en Química pola Universidad de Granada, posúe un Máster en Ciencias, Tecnoloxía e Xestión Ambiental e un Doctorado en Química Ambiental e Fundamental, ambos pola Universidade da Coruña. Neste momento, desenvolve a súa liña de investigación no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña. Aquí, traballa […]

Ver más [+]

N

Fecha01 Marzo, 2024

Materiais para a biocompatibilidade

Os novos materiais están tendo cada vez máis protagonismo no noso día a día. De feito, na actualidade, podemos atopalos incluso dentro do noso corpo. E é que os materiais biocompatibles, aínda que levan anos entre nós, están a adquirir cada vez máis importancia no mundo da medicina. Isto débese á introdución de novos materiais […]

Ver más [+]

N

Fecha25 Abril, 2023

Biopolímeros para a industria

Anxo Vidal, Responsable de Negocio en Ecoplas Barbanza, bríndanos unha nova entrega da nosa serie de artigos da Materioteca de Galicia elaborados por expertos, centrándose nun tema de gran importancia na industria actual: os biopolímeros. Este artigo explica en detalle que son, as súas vantaxes na industria e o seu impacto no medio ambiente e […]

Ver más [+]

N

Fecha30 Marzo, 2023

Materiais orgánicos non vexetais

Neste artigo, Noemí Cortizas, introdúcenos na importancia dos materiais orgánicos non vexetais que, desde as etapas máis temperás da historia, foron utilizados polos seres humanos para satisfacer as súas necesidades básicas en vestimenta e utillajes variados. A autora presentaranos diversas alternativas para a revalorización dos residuos orgánicos de procedencia animal, por exemplo os coiros con […]

Ver más [+]

N

Fecha20 Febreiro, 2023

Cerámicas industriais

Neste artigo, o Profesor Dr. Francisco Guitián, bríndanos unha clasificación das cerámicas e describe os procesos e o sector da cerámica industrial, enfocándose na situación actual en Galicia e proporcionando datos precisos sobre o estado do sector na comunidade. Finalmente introdúcenos nas novas cerámicas industriais, as cerámicas avanzadas ou funcionais, aquelas que coas súas propiedades […]

Ver más [+]

N

Fecha20 Xaneiro, 2023

Os nanomateriais e as súas aplicacións industriais

A nosa serie de artigos elaborados por expertos e expertas en materiais continúa, esta vez da man de José Rivas, Catedrático de electromagnetismo na Universidade de Santiago e membro destacado do grupo de investigación Magnetismo e Nanomateriales (Nanomag) e do Insituto de Materiais da mesma universidade (iMATUS). Neste artigo o autor analiza o prometedor futuro […]

Ver más [+]

N

Fecha15 Decembro, 2022

E se os materiais desaparecesen ao final do seu uso?

Espera. Volve ler o título deste artigo. Crees que hai algo máis sostible que facer que o produto desapareza sen deixar impacto algún no planeta? Desde a Materioteca de Galicia cremos que non. Nunha sociedade cada vez máis consumista, a xestión dos residuos é un problema a nivel mundial, e debemos buscar solucións mediante materiais […]

Ver más [+]

N

Fecha29 Novembro, 2022

A reciclaxe dos composites

Os materiais composites ou materiais compostos de matriz polimérica permiten o moldeado de formas complexas, proporcionan gran resistencia á degradación ambiental e propiedades mecánicas óptimas e, no caso de resinas con fibra de carbono, permiten obter pezas moi robustas pero dotadas dunha gran lixeireza. Todo iso abriulles as portas de sectores como o aeronáutico, a […]

Ver más [+]

N

Fecha07 Novembro, 2022

Circular Fashion

A moda circular ou circular fashion centra a nova entrega da serie de artigos da Materioteca de Galicia elaborados por expertos e expertas en materiais. O director de Sostibilidade da Confederación da Industria Téxtil (Textfor), David Allo, aborda as principais barreiras e oportunidades no contexto galego para buscar solucións de xestión e reciclaxe das prendas postconsume e das súas […]

Ver más [+]

N

Fecha31 Outubro, 2022

Pechando o círculo da sustentabilidade

Se en algo pensamos cando nos din a palabra “sustentabilidade”, é sen dúbida en conceptos como reciclaxe, reutilización e revalorización. Disto tratará o noso último informe deste ano “Sustentabilidade e circularidade dos materiais: Fase de fin de vida”, onde serán protagonistas os materiais unha vez cumpriron co labor para o que foron deseñados. Sabemos que […]

Ver más [+]

N

Fecha19 Outubro, 2022

A saúde é o máis importante

Nestes momentos de inestabilidade global, se algo temos claro, é que o importante é a saúde. O noso benestar debe basearse na saúde física e mental que posuamos, e debemos ser responsables de conseguir que este benestar sexa máximo. Para iso debemos centrarnos principalmente en seguir unha boa alimentación, un estilo de vida activo e […]

Ver más [+]

N

Fecha08 Setembro, 2022

A sustentabilidade no uso

Despois dos nosos dous últimos informes, chegamos ao terceiro informe desta serie: “Sustentabilidade e circularidade dos materiais: Uso e distribución”. A diferenza de ter unha orixe sostible ou reciclalo cando o imos a tirar, a sustentabilidade no uso é un aspecto dos produtos que moi pouca xente ten en mente. E é que, aínda que […]

Ver más [+]

N

Fecha23 Agosto, 2022

Fibras celulósicas de orixe forestal na industria téxtil

Esta nova entrega da serie de artigos da Materioteca de Galicia elaborados por expertos e expertas en materiais ten como protagonistas ás fibras celulósicas. Da man de Montserrat Rodríguez Ogea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), adentrámonos no gran reto ao que se enfrontan as empresas téxtiles en canto á sostibilidade […]

Ver más [+]

N

Fecha08 Agosto, 2022

O futuro da construción é sostible

Neste artigo seguiremos descubrindo novos métodos de transformación sostibles. Na Materioteca de Galicia cremos que non só é importante a orixe dos materiais senón tamén a maneira na que estes se modifican para chegar a ser os produtos que necesitamos. Sen ir máis lonxe, sabemos que unha das maiores preocupacións da sociedade por mor da […]

Ver más [+]

N

Fecha21 Xullo, 2022

Materiais para o aproveitamento de enerxía

A nosa serie de artigos elaborados por expertos e expertas en materiais continúa coa achega de Francisco Rivadulla, investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e do Departamento de Química-Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Neste artigo, Rivadulla pon o foco nos materiais denominados funcionais no ámbito […]

Ver más [+]

N

Fecha05 Xullo, 2022

A sustentabilidade no proceso 

Tras o lanzamento do segundo informe de sustentabilidade e circularidade dos materiais deste ano 2022, publicamos este novo artigo onde nos adentramos naqueles materiais e tecnoloxías que destacan xa non só pola súa orixe, senón tamén polos seus innovadores procesos de creación, transformación e fabricación.  Hoxe, desde a Materioteca de Galicia, lanzamos luz sobre unha […]

Ver más [+]

N

Fecha23 Xuño, 2022

Tecidos industriais

A primeira entrega da nosa nova serie de artigos elaborados por expertos e expertas en materiais está dedicada aos tecidos industriais. Comeza así unha serie de análises temáticas asinadas por profesionais deste campo que durante os vindeiros meses abordará os materiais para o aproveitamento de enerxía, as fibras celulósicas de orixe forestal na industria téxtil, […]

Ver más [+]

N

Fecha07 Xuño, 2022

O mar galego, orixe de novos materiais 

Seguindo o artigo do mes pasado no que sinalabamos a importancia do ciclo de vida nos materiais que queren mellorar o seu impacto na contorna (podedes ler o artigo picando aquí), neste artigo resaltamos a importancia que ten o mar, tamén no mundo dos materiais.  Desde sempre en Galicia tivemos moi clara a importancia do […]

Ver más [+]

N

Fecha23 Maio, 2022

A orixe sostible dos materiais

Os materiais sostibles son a solución a moitos dos problemas aos que nos enfrontamos hoxe e enfrontarémonos no futuro. Reducir a dependencia aos recursos naturais finitos e a procura de novas fontes renovables é esencial.  Desde a Materioteca de Galicia, queremos achegar o noso granito de area para resolver estes problemas poñendo á vosa disposición […]

Ver más [+]

N

Fecha27 Novembro, 2020

Whiskers de zafiro: as fibras que fan os composites casi indestructibles

Os materiais de alta tecnoloxía caracterízanse por unhas elevadas prestacións que favorecen a innovación en ámbitos moi especializados. O kevlar, o aluminio transparente, o grafeno ou o borofeno son só algúns dos materiais que, polas súas propiedades e comportamento, fixeron posibles avances en sectores tan diversos como a electrónica, a medicina ou o téxtil. A […]

Ver más [+]

N

Fecha18 Outubro, 2020

Lessen: paneis que coidan os oídos alegrando a vista

O concepto de confort acústico é relativamente recente, pero a súa importancia no deseño arquitectónico e de interiores foi aumentando coa evidencia científica de que o ruído provocado pola actividade humana é contaminante e tradúcese en estrés, irritabilidade, aumento da fatiga e pérdida de concentración. Os materiais técnicos con capacidade para a absorción acústica son […]

Ver más [+]

N

Fecha17 Outubro, 2020

Bioescuma de poliuretano: unha segunda vida para os residuos industriais

Ladrillos fabricados a partir de residuos plásticos, células solares desenvolvidas aproveitando o chumbo de baterías de coche usadas, bioplásticos procesados a partir de refugallos da industria pesqueira, illantes acústicos elaborados con pluma procedente da industria avícola e mesmo tinta obtida de filtrar o po sólido da polución. A valorización de residuos permite converter o lixo […]

Ver más [+]

N

Fecha01 Setembro, 2020

Tea calefactable: calor uniforme para levar

Os téxtiles funcionais levan algúns anos revolucionando a forma na que concibimos os tecidos. Grazas á combinación de tecnoloxías procedente de diferentes campos de coñecemento, hoxe en día podemos conseguir no mercado prendas que liberan fragrancias ou repelente para insectos ao fregalas e tecidos antibacterianos ou autolimpliables. O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) […]

Ver más [+]

N

Fecha01 Setembro, 2020

Tablex: a volta ás orixes para preservar o desenvolvemento sostible

A necesidade de reconducir a actividade industrial cara ao desenvolvemento sostible, abandonando ou limitando os procesos máis contaminantes e cun maior impacto ambiental, implica facer cambios importantes. As bases da economía circular e a bioeconomía están a construírse en gran medida a partir da innovación, pero en ocasións non é necesario recorrer a solucións disruptivas, […]

Ver más [+]