N

Fecha29 Abril, 2024

Residuos industriais en Galicia (informe)

Presentamos un informe de vixilancia tecnolóxica, elaborado pola empresa Materially, sobre residuos industriais en Galicia e as oportunidades en materiais e procesos para a súa revalorización. Neste informe, de 84 páxinas escritas en formato bilingüe: galego-castelán, preséntanse diversas alternativas para a revalorización de residuos de diversa tipoloxía: residuos da construción (RCD) e residuos do procesado […]

Ver más [+]

N

Fecha26 Abril, 2024

Saúde e medicina (video)

Desde a Materioteca de Galicia e continuando coa serie de vídeos para a promoción de materiais innovadores e sustentables de Galicia, presentamos un material dentro da temática de “saúde e medicina”. Accede ao vídeo dende aquí. O BIOFAST, desenvolto polo CINTECX da Universidade de Vigo, é un material que destaca por cumprir unha dobre función: […]

Ver más [+]

N

Fecha15 Abril, 2024

Os pavimentos fotocatalíticos e drenantes

Os pavimentos fotocatalíticos convertéronse en tendencia no sector dos materiais, debido á súa capacidade para reducir os efectos da contaminación, sobre todo en zonas onde se acusa un certo tráfico de automóbiles. Estes pavimentos son unha innovación no campo da construción que utiliza materiais tratados cunha capa fotocatalítica, xeralmente de dióxido de titanio (TiO2), para […]

Ver más [+]

N

Fecha15 Abril, 2024

Novas enerxías (video)

Continuando coa serie de vídeos dedicados á promoción de materiais galegos innovadores e sustentables, presentamos os materiais respiro-calóricos, a través dunha das mostras dispoñibles na nosa Materioteca. Pode consultar o vídeo aquí. O materiais respiro-calóricos, desenvoltos polo CICA da Universidade da Coruña, son unha clase de materiais porosos, que, ao atrapar moléculas de gas (habitualmente […]

Ver más [+]

N

Fecha11 Abril, 2024

“Minería urbana e os materiais críticos para a transición enerxética”, no podcast da Materioteca de Galicia

O podcast da Materioteca de Galicia chega á súa terceira entrega con outro apaixonante tema: a minería urbana e os materiais críticos para a transición enerxética. Deborah García Bello, a condutora deste podcast, cóntanos que o termo “minería urbana” corresponde, en realidade, “a unha maneira de aplicar os principios da economía circular”, pois se trata […]

Ver más [+]

N

Fecha25 Marzo, 2024

Construcción sustentable (video)

Este mes dende a Materioteca de Galicia e dentro da promoción de materiais innovadores e sostibles de Galicia, presentamos un pequeno vídeo dedicado a un dos materiais máis innovadores e sostibles no ámbito da construción e arquitectura verde: os xeopolímeros. Accede ao vídeo dende aquí. Unha das características máis destacadas dos xeopolímeros é a súa […]

Ver más [+]

N

Fecha21 Marzo, 2024

Revolucionando o mundo da refrixeración e calefacción: cambiando líquidos contaminantes por novos materiais sólidos sostibles.

Juan Manuel Bermúdez García, Licenciado en Química pola Universidad de Granada, posúe un Máster en Ciencias, Tecnoloxía e Xestión Ambiental e un Doctorado en Química Ambiental e Fundamental, ambos pola Universidade da Coruña. Neste momento, desenvolve a súa liña de investigación no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña. Aquí, traballa […]

Ver más [+]

N

Fecha15 Marzo, 2024

Creando biomateriais para a enxeñería de tecidos a través de bioimpresión 3D

A impresión 3D, pola súa flexibilidade para a reprodución de xeometrías complexas e detalladas, desempeñou un papel crucial no desenvolvemento da biomimética, aprendizaxe da natureza para xerar solucións a través das propiedades dos materiais, ao proporcionar unha ferramenta versátil e adaptable a distintos biomateriales para a creación de estruturas de obxectos baseados e inspirados na […]

Ver más [+]

N

Fecha08 Marzo, 2024

Deborah García Bello aborda o impacto da Bioimpresión 3D na medicina do futuro

O segundo episodio da Materioteca de Galicia xa está dispoñible en Spotify, Ivoox, Spreaker e as principais plataformas de audio. Deborah García Bello proponnos nesta entrega saber todas as posibilidades que ofrece a Biompresión 3D para a medicina do futuro, aínda que como afirma a condutora deste podcast pode falarse xa de “a medicina do […]

Ver más [+]

N

Fecha01 Marzo, 2024

Materiais para a biocompatibilidade

Os novos materiais están tendo cada vez máis protagonismo no noso día a día. De feito, na actualidade, podemos atopalos incluso dentro do noso corpo. E é que os materiais biocompatibles, aínda que levan anos entre nós, están a adquirir cada vez máis importancia no mundo da medicina. Isto débese á introdución de novos materiais […]

Ver más [+]

N

Fecha22 Febreiro, 2024

MATPRINT: Avances na Fabricación Aditiva para Rexeneración Ósea con Estruturas Cerámicas Tridimensionales

A rexeneración ósea é un campo en constante evolución, impulsado por avances na enxeñería de materiais e a medicina regenerativa. Neste contexto, MATPRINT emerxe como un material innovador, deseñado polo Grupo de Cerámica e Materiais Industriais (ICG) da Universidade de Santiago de Compostela. Este material, está formado por estruturas tridimensionales cerámicas creadas mediante fabricación aditiva, […]

Ver más [+]

N

Fecha14 Febreiro, 2024

O podcast da Materioteca aborda a Intelixencia Artificial e o deseño de novos materiais, con Jorge Mira como convidado

A Materioteca de Galicia chega ao seu primeiro episodio, despois do que se dedicou á presentación dos obxectivos deste proxecto. Deborah García Bello dá as claves da “Intelixencia Artificial e o deseño de novos materiais”, coa axuda do tamén científico e divulgador Jorge Mira. Os oíntes saberán ata que punto a Intelixencia Artificial axuda a […]

Ver más [+]

N

Fecha07 Febreiro, 2024

Podcasts da Materioteca

A Materioteca de Galicia, embárcase na apaixonante aventura de divulgar ciencia nun formato innovador e ameno. O podcast A Materioteca de Galicia nace co obxectivo de divulgar as tecnoloxías de innovación en materiais e estará conducido por Deborah García Bello, doutora en química e divulgadora científica. “Para min é un luxo, A Materioteca é un […]

Ver más [+]

N

Fecha19 Decembro, 2023

Minaría urbana para makers

O pasado 15 de decembro, a Materioteca de Galicia pechou o ano coa celebración do evento titulado “Minaría urbana para makers”. Este workshop, que se celebrou no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol, estivo centrado na presentación da problemática derivada da actual escaseza de materias primas e na necesidade de recuperar e reutilizar os residuos […]

Ver más [+]

N

Fecha14 Decembro, 2023

A Materioteca de Galicia presenta xunto coa Camara Oficial Mineira de Galicia o Catálogo de Recursos Naturais de Galicia.

A Materioteca de Galicia, en colaboración coa Cámara Oficial Mineira de Galicia e co apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Dirección xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais está a traballar na creación dun Catálogo de Recursos Naturais de Galicia co obxectivo de promover e difundir o potencial mineiro galego, e en especial, o […]

Ver más [+]

N

Fecha01 Decembro, 2023

A Materioteca de Galicia traballa nun mapa de empresas e centros de coñecemento con capacidades sobre materiais innovadores

A Materioteca de Galicia está a traballar nun mapa de capacidades en tecnoloxías e servizos relacionados cos materiais innovadores no que se identificarán as empresas e centros de coñecemento galegos cunha labor destacada neste ámbito. Este mapa verá a luz en 2024, tal e como destacou Santiago Nieto, do equipo da Materioteca do CIS Tecnoloxía […]

Ver más [+]

N

Fecha24 Novembro, 2023

Reunión de arranque do proxecto GreenHUB

O pasado xoves 23 de novembro, a Axencia Galega de Innovación, acolleu a reunión de socios do proxecto GreenHUB no que participa a través do CIS Tecnoloxía e Deseño. Tratase dun proxecto que da continuidade ao POCTEP Valornature, no que participaron como socios o Pólo de Inovaçao em Engenharia de Polímeros (PIEP), Axencia Galega da Industria Forestal e Centro Tecnolóxico […]

Ver más [+]

N

Fecha26 Xuño, 2023

Xornada “Retos na valorización de residuos plásticos”

O pasado xoves 22 de xuño, tivo lugar, nas instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño. o evento, organizado pola Materioteca de Galicia, dedicado aos “Restos para a Revalorización de Residuos Plásticos”. Paticiparon profesionais de Aproema, Asociación Profesional de Empresas Medioambientales de Galicia, AIMPLAS · Instituto Tecnológico del Plástico, ESGAM, e a divulgadora científica Deborah García. […]

Ver más [+]

N

Fecha25 Abril, 2023

Biopolímeros para a industria

Anxo Vidal, Responsable de Negocio en Ecoplas Barbanza, bríndanos unha nova entrega da nosa serie de artigos da Materioteca de Galicia elaborados por expertos, centrándose nun tema de gran importancia na industria actual: os biopolímeros. Este artigo explica en detalle que son, as súas vantaxes na industria e o seu impacto no medio ambiente e […]

Ver más [+]

N

Fecha30 Marzo, 2023

Materiais orgánicos non vexetais

Neste artigo, Noemí Cortizas, introdúcenos na importancia dos materiais orgánicos non vexetais que, desde as etapas máis temperás da historia, foron utilizados polos seres humanos para satisfacer as súas necesidades básicas en vestimenta e utillajes variados. A autora presentaranos diversas alternativas para a revalorización dos residuos orgánicos de procedencia animal, por exemplo os coiros con […]

Ver más [+]

N

Fecha20 Febreiro, 2023

Cerámicas industriais

Neste artigo, o Profesor Dr. Francisco Guitián, bríndanos unha clasificación das cerámicas e describe os procesos e o sector da cerámica industrial, enfocándose na situación actual en Galicia e proporcionando datos precisos sobre o estado do sector na comunidade. Finalmente introdúcenos nas novas cerámicas industriais, as cerámicas avanzadas ou funcionais, aquelas que coas súas propiedades […]

Ver más [+]

N

Fecha20 Xaneiro, 2023

Os nanomateriais e as súas aplicacións industriais

A nosa serie de artigos elaborados por expertos e expertas en materiais continúa, esta vez da man de José Rivas, Catedrático de electromagnetismo na Universidade de Santiago e membro destacado do grupo de investigación Magnetismo e Nanomateriales (Nanomag) e do Insituto de Materiais da mesma universidade (iMATUS). Neste artigo o autor analiza o prometedor futuro […]

Ver más [+]

N

Fecha15 Decembro, 2022

E se os materiais desaparecesen ao final do seu uso?

Espera. Volve ler o título deste artigo. Crees que hai algo máis sostible que facer que o produto desapareza sen deixar impacto algún no planeta? Desde a Materioteca de Galicia cremos que non. Nunha sociedade cada vez máis consumista, a xestión dos residuos é un problema a nivel mundial, e debemos buscar solucións mediante materiais […]

Ver más [+]

N

Fecha01 Decembro, 2022

O último workshop de 2022 da Materioteca de Galicia difunde a importancia de buscar unha segunda oportunidade para os produtos que chegan ao final da súa vida útil

Os materiais obtidos a partir de produtos que chegan ao fin da súa vida útil foron o eixe central do último workshop do ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”, que tivo lugar o 1 de decembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), sede da Materioteca de Galicia. Na primeira parte da xornada, que foi retransmitida […]

Ver más [+]

N

Fecha29 Novembro, 2022

A reciclaxe dos composites

Os materiais composites ou materiais compostos de matriz polimérica permiten o moldeado de formas complexas, proporcionan gran resistencia á degradación ambiental e propiedades mecánicas óptimas e, no caso de resinas con fibra de carbono, permiten obter pezas moi robustas pero dotadas dunha gran lixeireza. Todo iso abriulles as portas de sectores como o aeronáutico, a […]

Ver más [+]

N

Fecha18 Novembro, 2022

Visita de 12 emprendedoras do proxecto europeo The Break

No marco das actividades que a Fundación Roberto Rivas impulsa como participante no proxecto europeo The Break: women entrepreneurship & internationalisation in Spain, 12 mulleres emprendedoras europeas participantes neste proxecto tiveron a oportunidade de realizar unha visita ás instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño e acceder a demostracións sobre tecnoloxías de RV e RA, así […]

Ver más [+]

N

Fecha07 Novembro, 2022

Circular Fashion

A moda circular ou circular fashion centra a nova entrega da serie de artigos da Materioteca de Galicia elaborados por expertos e expertas en materiais. O director de Sostibilidade da Confederación da Industria Téxtil (Textfor), David Allo, aborda as principais barreiras e oportunidades no contexto galego para buscar solucións de xestión e reciclaxe das prendas postconsume e das súas […]

Ver más [+]

N

Fecha31 Outubro, 2022

Pechando o círculo da sustentabilidade

Se en algo pensamos cando nos din a palabra “sustentabilidade”, é sen dúbida en conceptos como reciclaxe, reutilización e revalorización. Disto tratará o noso último informe deste ano “Sustentabilidade e circularidade dos materiais: Fase de fin de vida”, onde serán protagonistas os materiais unha vez cumpriron co labor para o que foron deseñados. Sabemos que […]

Ver más [+]

N

Fecha28 Outubro, 2022

A minaría galega ten unha gran oportunidade

O pasado 27 de outubro, celebrouse na Cidade da Cultura organizada pola Cámara Mineira de Galicia, a xornada sobre “Minerais Estratéxicos para a Industria Galega”. A xornada estivo divida en 4 bloques principais dedicados a: Materias primas: investigación, desenvolvemento e marco europeo A minaría, punta de lanza da industria europea Renovables e almacenamento de enerxía […]

Ver más [+]

N

Fecha19 Outubro, 2022

A saúde é o máis importante

Nestes momentos de inestabilidade global, se algo temos claro, é que o importante é a saúde. O noso benestar debe basearse na saúde física e mental que posuamos, e debemos ser responsables de conseguir que este benestar sexa máximo. Para iso debemos centrarnos principalmente en seguir unha boa alimentación, un estilo de vida activo e […]

Ver más [+]

N

Fecha07 Outubro, 2022

O binomio ecodeseño-materiais desprega o seu potencial nun novo workshop da Materioteca de Galicia no CIS Tecnoloxía e Deseño

O potencial do ecodeseño para crear solucións innovadoras a partir de materiais sostibles foi o tema central do terceiro workshop do ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”, que tivo lugar o 6 de outubro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), sede da Materioteca de Galicia. Durante a apertura do workshop, a directora de Centros da Axencia […]

Ver más [+]

N

Fecha08 Setembro, 2022

A sustentabilidade no uso

Despois dos nosos dous últimos informes, chegamos ao terceiro informe desta serie: “Sustentabilidade e circularidade dos materiais: Uso e distribución”. A diferenza de ter unha orixe sostible ou reciclalo cando o imos a tirar, a sustentabilidade no uso é un aspecto dos produtos que moi pouca xente ten en mente. E é que, aínda que […]

Ver más [+]

N

Fecha23 Agosto, 2022

Fibras celulósicas de orixe forestal na industria téxtil

Esta nova entrega da serie de artigos da Materioteca de Galicia elaborados por expertos e expertas en materiais ten como protagonistas ás fibras celulósicas. Da man de Montserrat Rodríguez Ogea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), adentrámonos no gran reto ao que se enfrontan as empresas téxtiles en canto á sostibilidade […]

Ver más [+]

N

Fecha08 Agosto, 2022

O futuro da construción é sostible

Neste artigo seguiremos descubrindo novos métodos de transformación sostibles. Na Materioteca de Galicia cremos que non só é importante a orixe dos materiais senón tamén a maneira na que estes se modifican para chegar a ser os produtos que necesitamos. Sen ir máis lonxe, sabemos que unha das maiores preocupacións da sociedade por mor da […]

Ver más [+]

N

Fecha21 Xullo, 2022

Materiais para o aproveitamento de enerxía

A nosa serie de artigos elaborados por expertos e expertas en materiais continúa coa achega de Francisco Rivadulla, investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e do Departamento de Química-Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Neste artigo, Rivadulla pon o foco nos materiais denominados funcionais no ámbito […]

Ver más [+]

N

Fecha05 Xullo, 2022

A sustentabilidade no proceso 

Tras o lanzamento do segundo informe de sustentabilidade e circularidade dos materiais deste ano 2022, publicamos este novo artigo onde nos adentramos naqueles materiais e tecnoloxías que destacan xa non só pola súa orixe, senón tamén polos seus innovadores procesos de creación, transformación e fabricación.  Hoxe, desde a Materioteca de Galicia, lanzamos luz sobre unha […]

Ver más [+]

N

Fecha23 Xuño, 2022

Tecidos industriais

A primeira entrega da nosa nova serie de artigos elaborados por expertos e expertas en materiais está dedicada aos tecidos industriais. Comeza así unha serie de análises temáticas asinadas por profesionais deste campo que durante os vindeiros meses abordará os materiais para o aproveitamento de enerxía, as fibras celulósicas de orixe forestal na industria téxtil, […]

Ver más [+]

N

Fecha17 Xuño, 2022

A transformación dos materiais protagoniza o segundo workshop da Materioteca de Galicia no CIS Tecnoloxía e Deseño

A transformación dos materiais para a economía circular foi o tema central do segundo workshop do ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”, que tivo lugar o 16 de xuño no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), sede da Materioteca de Galicia. Durante a apertura do workshop, a directora de Centros da Axencia Galega de Innovación, María José […]

Ver más [+]

N

Fecha07 Xuño, 2022

O mar galego, orixe de novos materiais 

Seguindo o artigo do mes pasado no que sinalabamos a importancia do ciclo de vida nos materiais que queren mellorar o seu impacto na contorna (podedes ler o artigo picando aquí), neste artigo resaltamos a importancia que ten o mar, tamén no mundo dos materiais.  Desde sempre en Galicia tivemos moi clara a importancia do […]

Ver más [+]

N

Fecha26 Maio, 2022

ENCONTRO B2B ONLINE DIGITALISATION IN ADVANCED MATERIALS & NEW MANUFACTURING TECHNIQUES GALICIA

O próximo 22 de xuño, en horario de 09:30 a 13:00, celebrarase o ENCONTRO B2B ONLINEDIGITALISATION IN ADVANCED MATERIALS & NEW MANUFACTURING TECHNIQUES GALICIA, dentro das actividades enmarcadas na Plataforma Tecnolóxica Española de Tecnoloxías Disruptivas (DISRUPTIVE). Esta plataforma tecnolóxica enfocada na promoción das tecnoloxías dixitais máis disruptivas está presidida polo Parque Tecnolóxico de Andalucía (Málaga TechPark) e secretariada […]

Ver más [+]

N

Fecha23 Maio, 2022

A orixe sostible dos materiais

Os materiais sostibles son a solución a moitos dos problemas aos que nos enfrontamos hoxe e enfrontarémonos no futuro. Reducir a dependencia aos recursos naturais finitos e a procura de novas fontes renovables é esencial.  Desde a Materioteca de Galicia, queremos achegar o noso granito de area para resolver estes problemas poñendo á vosa disposición […]

Ver más [+]

N

Fecha18 Maio, 2022

Novo estudo estratéxico: Materiais baseados en materias primas secundarias.

No marco do ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”, organizado pola Materioteca de Galicia, realizaranse ao longo de 2022 unha serie de accións ao redor dos materiais sostibles. Acompañando a cada un dos catro workshops, presentaranse catro estudos estratéxicos que presentarán e analizarán unha colección de materiais de orixe internacional, seleccionados e clasificados segundo o […]

Ver más [+]

N

Fecha11 Maio, 2022

iTechStyle Summit 2022

Do 25 ao 27 de maio de 2022 terá lugar en Matosinhos, Portugal, iTechStyle Summit 2022, unha conferencia internacional presencial de tres días sobre téxtiles e pezas de vestir, deseñada para brindar momentos de debate e reflexión sobre o coñecemento científico e tecnolóxico actual, involucrando a actores innovadores da industria, provedores de tecnoloxía , investigadores, clústers […]

Ver más [+]

N

Fecha03 Maio, 2022

A Materioteca de Galicia expón xa máis de 100 materiais creados en Galicia

Os materiais baseados en materias primas secundarias foron os protagonistas do primeiro workshop do ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”, que tivo lugar o 28 de abril no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), sede da Materioteca de Galicia. Este ciclo, que se desenvolverá ao longo de todo este ano a iniciativa da Axencia Galega de Innovación, está dedicado a […]

Ver más [+]

N

Fecha16 Febreiro, 2022

Publicación I Certame de Materiais Innovadores de Galicia

A publicación I Certame de Materiais Innovadores de Galicia recolle información sobre cada unha das 80 propostas presentadas ao certame, profundizando nas oito candidaturas que resultaron preseleccionadas como finalistas, a través de entrevistas cos seus promotores e promotoras, e presenta os principais indicadores do certame. A finalidade deste monográfico é contribuír á difusión pública do […]

Ver más [+]

N

Fecha08 Febreiro, 2022

III informe COTEC sobre a Economía Circular (2021)

O pasado 14 de xaneiro presentouse o III informe COTEC sobre Economía Circular (2021), cuxo obxectivo xeral é o seguimento da situación en España a partir dos indicadores dispoñibles, e a análise detallada das políticas postas en marcha dende os distintos niveis administrativos e das competencias. e capacidades dispoñibles para levar a cabo a transición […]

Ver más [+]

N

Fecha08 Febreiro, 2022

O alumnado do CIFP A Carballeira visita a Materioteca de Galicia no marco do programa EduTecEmprende

Vintecinco alumnos do Ciclo Medio de Microsistemas e Redes Informáticas, xunto con tres profesores do Centro Integrado de Formación Profesional de A Carballeira de Ourense, desprazáronse ata as instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño para coñecer de primeira man as actividades do centro e a Materioteca de Galicia . Na presentación inicial mostráronse algúns exemplos […]

Ver más [+]

N

Fecha21 Xaneiro, 2022

Visita do IES Concepción Arenal de Ferrol

Os estudiantes del Ciclo medio de Operacións de laboratorio del IES CONCEPCIÓN ARENAL de Ferrol realizaron hoxe unha visita á Materioteca de Galicia. Tras unha presentación introdutoria sobre o CIS Tecnoloxía e Deseño e a Materioteca de Galicia, os estudantes tivieron oportunidade de coñecer e explorar todos os materiais que constitúen a actual exposición da Materioteca e na que están incluídos os materiais […]

Ver más [+]

N

Fecha16 Setembro, 2021

Xa está dispoñible o Boletín novos materiais (1-15 setembro 2021)

Hoxe difundiuse o boletín da primeira quincena de setembro no que se poden consultar a seguintes noticias e eventos: GALICIA LABORATORIO DE VEHÍCULO ELÉCTRICO – CTAG ESPAÑA EL PROYECTO SINCLAIR INVESTIGA NUEVOS MATERIALES ANÓDICOS A PARTIR DE RESIDUOS AGRÍCOLAS PARA BATERÍAS DE LITIO NUEVO MATERIAL PIEZORRESISTIVO PARA UTILIZAR COMO SENSOR DE DEFORMACIÓN UNA NUEVA FAMILIA […]

Ver más [+]

N

Fecha14 Setembro, 2021

Evento sobre Minerais estratéxicos para a industria galega (20-22 setembro 2021)

A plataforma Minaría Sostible de Galicia, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e EIT RawMaterials, coa colaboración da Xunta de Galicia, organizan as xornadas “Minerales Estratégicos para la Industria Gallega” que xirarán en torno á importancia da investigación e explotación de materias primas críticas para o desenvolvemento do tecido industrial e o aumento da súa […]

Ver más [+]

N

Fecha02 Agosto, 2021

Boletín novos materiais (16-31 xullo 2021)

Hoxe difundiuse o boletín de segunda quincena de xullo. Informámosvos que retomaremos esta actividade no mes de setembro. No último boletín pódese consultar a siguiente información: GALICIA AO CIQUS, NUN ESTUDO QUE PROPÓN UNHA NOVA TEORÍA SOBRE A TRANSPARENCIA DOS ÓXIDOS METÁLICOS BIOMASA DE ÁRBORES SEN VALOR FORESTAL PARA PRODUCIR CARBÓN E REDUCIR EMISIÓNS NA […]

Ver más [+]

N

Fecha08 Xullo, 2021

Estudo estratéxico sobre Materiais para a xestión de enerxía

Xa está publicado o estudo estratéxico realizado por Materially a instancias da Materioteca de Galicia. Este informe contempla información sobre 30 fichas de materiais que foron seleccionados polas súas innovadoras capacidades para captar e almacenar diferentes tipos de enerxía: térmica, fotoeléctrica, vibracional, etc. A través da difusión este estudo, desde a Materioteca de Galicia, tratamos […]

Ver más [+]

N

Fecha02 Xullo, 2021

Vídeos Workshop Materiais para a captación de enerxía

Xa están dispoñibles os vídeos da última xornada organizada pola Materioteca de Galicia. Neste evento contouse coa participación da empresa CUPA PIZARRAS e dos centros de coñecemento AIMEN, CTAG e CiQUS. Os vídeos dos relatorios pódense visualizar nos enlaces que aparecen no apartado VÍDEOS XORNADA. Máis información

Ver más [+]

N

Fecha10 Xuño, 2021

Boletín novos materiais (16-31 maio 2021)

Na sección Boletíns da páxina Web están dispoñibles todos os boletíns quincenais que se levan difundido nos últimos meses. Todos os que estén interesados en recibir automaticamente estes boletíns nos seus correos electrónicos, poden enviar unha mensaxe a materioteca.gain@xunta.gal e procederase á súa alta na lista de distribución. No boletín de segunda quincena de maio […]

Ver más [+]

N

Fecha04 Xuño, 2021

Estudo estratéxico sobre materiais orgánicos non vexetais

No Workshop dedicado aos “Materiais orgánicos non vexetais” do pasado 20 de maio, foi presentado un Estudo estratéxico realizado pola empresa Materially a instancias da Materioteca de Galicia. Este estudo estratéxico de Materiais orgánicos non vexetais constitúe un catálogo de gran interese sobre os devanditos materiais que pode resultar de utilidade para obter referencias a […]

Ver más [+]

N

Fecha21 Maio, 2021

CENTROS GALEGOS DESENVOLVEN MATERIAIS ORGÁNICOS INNOVADORES CON BASE NA VALORIZACIÓN DE RESIDUOS DA PESCA E DA INDUSTRIA ALIMENTARIA

Os materiais orgánicos non vexetais foron onte os protagonistas do primeiro workshop online organizado este ano pola Axencia Galega de innovación (GAIN), a través da Materioteca de Galicia, para difundir materiais innovadores con capacidade para contribuír á competitividade empresarial a través do deseño. Durante o evento deuse a coñecer que os residuos procedentes da pesca […]

Ver más [+]

N

Fecha21 Maio, 2021

Boletín novos Materiais (1-15 maio 2021)

Xa está publicado o Boletín da primeira quincena de maio que se difundiu a principios desta semana. Todos os que estén interesados en recibir automaticamente estes boletíns nos seus correos electrónicos, poden enviar unha mensaxe a materioteca.gain@xunta.gal e procederase á súa alta na lista de distribución. No último boletín pódense consultar as seguintes noticias: GALICIA […]

Ver más [+]

N

Fecha30 Abril, 2021

Boletín novos Materiais (16-30 abril 2021)

Xa está dispoñible o último Boletín da Materioteca. Nel poderedes consultar as siguientes noticias: GALICIA GALICIA PRODUCE SU PRIMER TABLERO DE CLT ESPAÑA MALLAS QUIRÚRGICAS DE BIONANOCELULOSA PARA MEJORAR LA CIRUGÍA DE HERNIAS ABDOMINALES MC SPAIN Y GRAPHENANO CREAN ADITIVOS CON GRAFENO QUE AUMENTAN LA DURABILIDAD DEL HORMIGÓN ASÍ SON LAS NUEVAS TARJETAS ECOLÓGICAS DEL […]

Ver más [+]

N

Fecha19 Abril, 2021

O grafeno: unha revolución todavía pendente

ABC – Según publica hoxe o diario ABC nun artículo, a revolución do grafeno todavía está en construcción. As singulares propiedades do grafeno asombraron á comunidade científica e fixeron soñar cunha ampla variedade de aplicacións, pero case dúas décadas despois do seu descubrimento, aínda quedan anos de espera para que este material explote ao máximo […]

Ver más [+]

N

Fecha08 Abril, 2021

Boletín Novos Materiais (16-31 marzo 2021)

No Boletín da segunda quincena de marzo poderedes consultar as seguintes noticias: ESPAÑA SINTETIZAN UN MATERIAL 2D CON PROPIEDADES MAGNÉTICAS Y LUMINISCENTES NACE EL INSTITUTO DE NANOCIENCIA Y MATERIALES DE ARAGÓN, QUE ESTUDIA SOLUCIONES EN BIOMEDICINA Y ENERGÍA IMPLANTES CEREBRALES BASADOS EN GRAFENO PARA TERAPIAS PERSONALIZADAS DE ENFERMEDADES NEUROLÓGICAS NUEVA VIDA Y NUEVOS MATERIALES, EL […]

Ver más [+]

N

Fecha22 Marzo, 2021

Boletín Novos Materiais (1-15 marzo 2021)

Xa se pode consultar o Boletín da primeira quincena de marzo. Neste poderedes atopar a seguinte información: ESPAÑA FABRICAR POR IMPRESIÓN 3D PIEZAS DE POLIURETANO PARA AUTOMÓVILES EVENTOS EXPOSICIÓN «REMIX EL BARRIO», DISEÑO CON BIOMATERIALES DE RESTOS ALIMENTARIOS. DEL 19.03.21 AL 29.04.21 ICNF 2021 – 5TH INTERNATIONAL CONFERENCE ON NATURAL FIBERS. MATERIALS OF THE FUTURE […]

Ver más [+]

N

Fecha18 Marzo, 2021

Unha empresa coreana está a buscar socios para desenvolver parachoques elásticos mediante un proceso de escumación química

Acábase de difundir a seguinte búsqueda de socios a través da rede Enterprise Europe Netword, da que a Axencia Galega de Innovación é membro. Unha empresa coreana con experiencia en pezas de automóbil está a desenvolver produtos para substituír os produtos de caucho, caucho de poliuretano ou MCU (micro uretano celular) existentes mediante o uso […]

Ver más [+]

N

Fecha03 Marzo, 2021

Presentación da Materioteca de Galicia ao alumnado do CIFP Politécnico de Lugo no marco do programa EduTecEmprende

Hoxe presentamos a Materioteca de Galicia ao alumnado do Ciclo Superior de Automática e Robótica Industrial e do Ciclo Superior de Construcións Metálicas do CIFP Politécnico de Lugo. Esta presentación forma parte das Visitas Virtuais ao CIS Tecnoloxía e Deseño no marco do programa EduTecEmprende. O CIS Tecnoloxía e Deseño colabora coa Consellería de Cultura, Educación […]

Ver más [+]

N

Fecha02 Marzo, 2021

Xa está dispoñible o segundo boletín sobre Novos Materiais de febreiro

Xa se pode consultar o Boletín da segunda quincena de febreiro. Neste poderedes atopar todos os detalles das seguintes noticias: GALICIA INVESTIGADORES DEL CIQUS DESCUBREN UN NUEVO TIPO DE LÍQUIDO ADVANCED LIGHT MATERIALS AND PROCESSES FOR THE ECO-DESIGN OF ELECTRIC VEHICLES (ALMA): PROYECTO H2020 COORDINADO POR CTAG ESPAÑA ULTRAFAST PROCESSING OF ADVANCED METALLIC MATERIALS INVESTIGADORES […]

Ver más [+]

N

Fecha16 Febreiro, 2021

Investigadores do CSIC obteñen un nanomaterial que elimina o coronavirus e é aplicable en máscaras e tecidos

Un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveu un novo nanomaterial, constituído por nano partículas de cobre, que inhibe as proteínas do coronavirus SARS- CoV-2, causante da covid-19, e bloquea a súa propagación. O material, que xa foi protexido mediante patente, é aplicable en recubrimento de máscaras cirúrxicas, en tecidos de […]

Ver más [+]

N

Fecha11 Febreiro, 2021

As “baterías de sal” reciclables de baixo custo prometen aumentar a autonomía dos vehículos eléctricos

Usando sal como compoñente básico, investigadores chineses e británicos deseñaron un novo tipo de batería recargable que podería acelerar o cambio cara a un transporte eléctrico máis ecolóxico nas nosas estradas. As baterías recargables de ións de litio teñen un problema, poden perder enerxía e potencia co tempo. Para resolver estes problemas, a Universidade de […]

Ver más [+]

N

Fecha27 Xaneiro, 2021

O proxecto INCOMESS desenvolverá materiais intelixentes capaces de recuperar e almacenar enerxía para a alimentación de sensores intelixentes

O Centro Tecnolóxico AIMEN lidera o proxecto europeo InComEss, cuxo obxectivo é desenvolver materiais intelixentes ( piezoeléctricos, termoeléctricos ou híbridos) de gran rendemento, capaces de recuperar enerxía mecánica e/ou térmica e transformala en electricidade de maneira limpa. Ademais, estes innovadores materiais poderán almacenar dita electricidade nun supercondensador para alimentar redes de sensores de forma inalámbrica […]

Ver más [+]

N

Fecha19 Xaneiro, 2021

Novo boletín de noticias sobre Novos Materiais

Xa está dispoñible un novo Boletín sobre Novos Materiais no que se recollen as principais noticias a nivel nacional, rexional e internacional publicadas nesta primeira quincena de xaneiro de 2021. Pódese consultar a través do seguinte enlace. Se desexas recibir de forma automática no teu correo electrónico, envíanos un correo a materioteca.gain@xunta.gal. Darémoste de alta […]

Ver más [+]

N

Fecha27 Novembro, 2020

Whiskers de zafiro: as fibras que fan os composites casi indestructibles

Os materiais de alta tecnoloxía caracterízanse por unhas elevadas prestacións que favorecen a innovación en ámbitos moi especializados. O kevlar, o aluminio transparente, o grafeno ou o borofeno son só algúns dos materiais que, polas súas propiedades e comportamento, fixeron posibles avances en sectores tan diversos como a electrónica, a medicina ou o téxtil. A […]

Ver más [+]

N

Fecha07 Novembro, 2020

Segundo boletín de noticias sobre novos materiais

Xa está dispoñible un novo Boletín sobre Novos Materiais no que se recollen as principais noticias a nivel nacional, rexional e internacional publicadas nos últimos días. Pódese consultar a través do seguinte enlace. Se desexas recibir de forma automática no teu correo electrónico, envíanos un correo a materioteca.gain@xunta.gal e darémoste de alta para que recibas […]

Ver más [+]

B

Fecha05 Novembro, 2020

AIMEN lidera unha iniciativa europea que busca reducir custos nos ensaios de materiais compostos en aeronáutica

AIMEN Centro Tecnológico e CTA (Centro de Tecnoloxías Aeronáuticas) colaboraron na iniciativa europea AMTRAS, un proxecto cuxa meta é desenvolver novedosos equipos de ensaios que permitan reducir os custos para a validación de novos materiais e tecnoloxías de fabricación para a súa incorporación no sector aeronáutico. No marco desta iniciativa desenvolvéronse tres equipos de ensaios […]

Ver más [+]

N

Fecha22 Outubro, 2020

BASES DO CERTAME DE MATERIAIS INNOVADORES DE GALICIA

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a primeira edición do Certame de Materiais Innovadores de Galicia. Mediante esta iniciativa búscase identificar e promocionar os materiais máis innovadores desenvolvidos recentemente por empresas e centros de coñecemento galegos. BASES DO CERTAME As bases completas e os detalles do procedemento e […]

Ver más [+]

N

Fecha22 Outubro, 2020

Primeiro boletín de noticias sobre novos materiais

A Materioteca de Galicia ven de lanzar un Boletín quincenal no que se recollen as principais noticias publicadas a nivel nacional, rexional e internacional sobre Novos Materiais. Xa pode ter acceso ao noso primeiro boletín a través do seguinte enlace. Se desexas recibir de forma automática no seu correo electrónico, envíanos un correo a materioteca.gain@xunta.gal […]

Ver más [+]

N

Fecha19 Outubro, 2020

Segundo workshop do Ciclo online “Materiais para o futuro”

Este xoves, 22 de outubro, terá lugar o segundo workshop do ciclo online “Materiales para o futuro” organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), no marco da Materioteca de Galicia. Durante a xornada, GAIN presentará o Certame de Materiais Innovadores de Galicia, que celebrará a súa primeira edición co obxectivo de identificar e promocionar […]

Ver más [+]

N

Fecha18 Outubro, 2020

Lessen: paneis que coidan os oídos alegrando a vista

O concepto de confort acústico é relativamente recente, pero a súa importancia no deseño arquitectónico e de interiores foi aumentando coa evidencia científica de que o ruído provocado pola actividade humana é contaminante e tradúcese en estrés, irritabilidade, aumento da fatiga e pérdida de concentración. Os materiais técnicos con capacidade para a absorción acústica son […]

Ver más [+]

N

Fecha17 Outubro, 2020

Bioescuma de poliuretano: unha segunda vida para os residuos industriais

Ladrillos fabricados a partir de residuos plásticos, células solares desenvolvidas aproveitando o chumbo de baterías de coche usadas, bioplásticos procesados a partir de refugallos da industria pesqueira, illantes acústicos elaborados con pluma procedente da industria avícola e mesmo tinta obtida de filtrar o po sólido da polución. A valorización de residuos permite converter o lixo […]

Ver más [+]

N

Fecha29 Setembro, 2020

Aberta a inscrición no ciclo online “Materiais para o futuro”

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) abre a inscrición no ciclo online “Materiais para o futuro”, que se celebrará entre outubro e novembro no marco da Materioteca de Galicia. O primeiro workshop do ciclo terá lugar o 8 de outubro baixo o título “Materiais para a impresión 3D”. Nel daranse a coñecer as características e […]

Ver más [+]

N

Fecha04 Setembro, 2020

A Comisión anuncia accións para facer que o suministro de materias primas en Europa sexa máis seguro e sostible

O 3 de setembro, a Comisión presentou un Plan de acción sobre materias primas críticas, a Lista de materias primas críticas 2020 e un estudo de  prospectiva sobre materias primas críticas para tecnoloxías e sectores estratéxicos desde as perspectivas 2030 e 2050. O Plan de acción analiza os desafíos actuais e futuros e propón accións […]

Ver más [+]

N

Fecha04 Setembro, 2020

Materias primas críticas para tecnoloxías e sectores estratéxicos na UE: un estudo prospectivo

A Comisión Europea publicou este informe que analiza as cadeas de suministro das nove tecnoloxías (Batería de litio, Pilas de combustible, Enerxía eólica, Motores eléctricos de tracción, Tecnoloxía fotovoltaica, Robótica, Drons, Impresión 3D e Tecnoloxías dixitais) que se utilizan en tres sectores estratéxicos: enerxía renovable, mobilidade eléctrica, defensa e aeroespacial. Tamén tenta proporcionar unha primeira […]

Ver más [+]

N

Fecha01 Setembro, 2020

Tea calefactable: calor uniforme para levar

Os téxtiles funcionais levan algúns anos revolucionando a forma na que concibimos os tecidos. Grazas á combinación de tecnoloxías procedente de diferentes campos de coñecemento, hoxe en día podemos conseguir no mercado prendas que liberan fragrancias ou repelente para insectos ao fregalas e tecidos antibacterianos ou autolimpliables. O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) […]

Ver más [+]

N

Fecha01 Setembro, 2020

Tablex: a volta ás orixes para preservar o desenvolvemento sostible

A necesidade de reconducir a actividade industrial cara ao desenvolvemento sostible, abandonando ou limitando os procesos máis contaminantes e cun maior impacto ambiental, implica facer cambios importantes. As bases da economía circular e a bioeconomía están a construírse en gran medida a partir da innovación, pero en ocasións non é necesario recorrer a solucións disruptivas, […]

Ver más [+]